Recensión | Tes ata as 10 de Francisco Castro

9 may. 2015


Título: Tes ata as 10.
Autor: Francisco Castro.
Páxinas: 291
Encadernación: Tapa branda sen solapas.
Editorial: Galaxia.
Prezo: 13,60 €
Serie: Non.

SINOPSE

Antonio non daba creto ao correo que viña de entrarlle no seu ordenador. Era de seu pai. O problema, é que o seu pai leva morto un día. Así arranca esta trepidante historia de intriga e suspense na que Francisco Castro constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o se pai, morto, ou  quen está a facerse pasar por él, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver. Libros misteriosos,vinganzas dende o Máis Alá, historias de amor que hai que manter ocultas... todo un mollo de asuntos nunha novela que nos vai levar de viaje sola historia récente de España e Galicia, mas tamén por dentro do corazón dos enamorados que o están de verdad. Unha novela que te vai obrigar a seguir yendo ata o final.


<< Pero era todo tan claro... tan evidente... tan
misteriosamente lóxico...
Que daquela, era.
Aínda que non puidese ser. >>



OPINIÓN

Esta nova novela de Francisco Castro, malia aparecer nunha colección xuvenil, non se restrinxe a unha franxa de idade concreta, ou a un tipo de lector, xa que mestura varias historias nas que calquera pode atopar algo que lle chame a atención. Pode ser a historia de amor, o suspense... 

O relato parte dun feito sorprendente, como é que un pai morto lle mande un correo ao seu fillo. A historia básease na pescuda de solucións aos enigmas que se lle plantexan a Toni. 

Castro domina perfectamente a estructura da clásica historia de intriga, e consegue manter en vilo, e a atención dos lectores ao longo das case trescentas páxinas da novela.

Mais esta historia, non so ten intriga, senón que tamén ten o que sempre fai falta nunha boa historia, e é o amor. Cóntanos a historia de amor entre Toni e Celia, e a que mantiña en segredo o seu pai con Gloria.

Os personaxes están fantásticamente deseñados: o pai xornalita progresista, a nai maligna e reaccionaria...

Resulta inesquecible a figura do pai de Toni, a quen o protagonista admira e quere por enriba de todo, e polo que está disposto a remover todo o mundo se é preciso. Era un xornalista que se guiaba polo que pensaba, e que non se deixaba amedrentar por ninguén.

Un día falando coa miña profesora de Galego, estabamos a falar dos libros do terceiro trimestre e conseguín que aceptase esta novela, e que así os meus compañeros puidesen disfrutar desta historia que tanto me gustou.

En defintiva, nesta novela, temos unha fascinante trama que consegue manter ao lector coa intriga ata o final, e que toca a fibra sensible en canto á relación pai e fillo. 

Un dos meus libros favoritos do que levamos de ano.


<< As palabras fundan o mundo. Poden destruilo tamén.
As palabras e as formas en que son transmitidas. >>



No hay comentarios:

Publicar un comentario