Recensión | O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas

17 may. 2015


Título: O corazón de Xúpiter.
Autora: Ledicia Costas.
Páxinas: 216
Encadernación: Tapa branda sen solapas.
Editorial: Xerais.
Precio: 11,80 €
Publicación: 2012
ISBN: 9788499144337
Saga: ---

SINOPSE


Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito das estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo.  Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: donde vivía, a que instituto ía, o se nome real... Quedaron para se coñecer nunha note de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foai entón, desoís de despedirse da súa amiga Mar, cuando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para siempre.


OPINIÓN

Gustoume moitísimo este libro. Cando o comecei, non semellaba que ía rematar como rematou... Gústame polos seus temas, pola maneira de tratalos, polas personaxes... En definitva, por todo.

O corazón de Xúpiter de Leticia Costas, lévanos da man pola adolescencia, polos seus perigos, as inseguridades, os seus conflitos, as festas, os amores... 


É unha novela, que desde o primeiro capítulo nos engaiola, para sabermos o resultado, mentres vemos como Isla pasa por todos eses problemas que poden acontecer na adolescencia. A homosexualidade, tratada con total normalidade, o acoso, os perigos de Internet, a incomprensión paterna... Que son cousas coas que calquera mozo pode sentirse identificado.

Un tema que tamén está presente, é a morte. Porque a morte, igual que o amor, está presente nas nosas vidas, tarde ou temprano.

Había moito tempo que non topaba un libro que me fixese chorar tanto... É precioso, pero moi triste! Cun final desgarrador...




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada