Recensión | A praia dos afogados de Domingo Villar

12 dic 2015

Título: A praia dos afogados.
Autor: Domingo Villar.
Páxinas: 504
Encadernación: Tapa branda con solapas.
Editorial: Galaxia.
Prezo: 19 €
Publicación: Abril de 2009.
ISBN: 978-84-9865-180-5
Serie: --- 

SINOPSIS

Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os vecinos falan dun suicidio, mais as primeras investigacións amosan unha realidade diferente que levará ao inspector Leo Caldas a menguallarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar.

(4.5)

OPINIÓN

Cando na clase de galego a miña profesora dixo que íamos ler esta novela de Domingo Villar, non me puiden pór máis leda, xa que a súa outra obra, Ollos de agua, encantárame no seu momento. E de feito, A praia dos afogados, non me ten defraudado nada.

Leo Caldas é un policía. Recientemente deixou unha relación amorosa, e continuamente bota de menos á súa parella. Participa nun programa radiofónico, no que se trata de axudar aos cidadáns. Él pensa que case ninguén o escoita, mais ao longo da novela descubre que é unha especie de estrela radiofónica.

Rafael Estévez é o axudante do inspector Caldas. Foi destinado a Vigo polo seu xeito de traballar como policía. É un mangallón que non entende a maneira de falar dos galegos, pero queda marabillado pola calor que fai de vez en cando en Galicia. Ademais, iso de vivir nunha cidade onde continuamente tes que subir ou baixar costas non lle gusta nin un pelo, e fai que rosme moito.



A Leo Caldas non lle doían os mortos. Doíanlle os vivos. 


En A praia dos afogados, os nosos policías tratan de descubrir ao asasino dun mariñeiro de Panxón, atopado na praia, que tiña as mans atadas cunha brida de plástico. Por desgraza, nese momento, Caldas se atopa nunha situación familiar fráxil que o mantén en vilo e que lle fai dar moitas voltas á cabeza pensando se lle adica tempo suficiente á súa vida persoal. O que ao principio semellaba como un caso normal, acaba converténdose nun dos casos máis difíciles da vida profesional da nosa parella de policías.

Ainda que o mais complicado de todo isto, é que cando parece que os sucesos comezan a resolverse e que nada pode cambiar, aparece un novo caso que no seu momento non se resolvera pola incompetencia policial. Todo é silencio e reviravoltas. Os acontecimientos miran acreedor desees casos, e se non resolver un, non poden resolver o outro.

Resumindo, A praia dos afogados foi unha novela policíaca 
como non recordara ler, que me enganchou de comezo 
a fin, e que fai que cada páxina que les pase 
tan rápido coma un suspiro.

6 comentarios:

  1. Hey, no me enterado de nada pero supongo que te habrá gustado por la nota, besos :3

    ResponderEliminar
  2. A min mandáronmo en cuarto da ESO polo que non o teño moi fresco, pero aínda que me costara moito ao principio recordo que ao final enganchárame moito. Boa reseña!!
    Un bico
    ~Talía

    ResponderEliminar
  3. Encantoume a reseña ^_^

    ResponderEliminar