Título: Tes ata as 10.
Autor: Francisco Castro.
Páxinas: 291
Encadernación: Tapa branda sen solapas.
Editorial: Galaxia.
Prezo: 13,60 €
Serie: Non.
SINOPSE
<< Pero era todo tan claro... tan evidente... tan
misteriosamente lóxico...
Que daquela, era.
Aínda que non puidese ser. >>
Esta nova novela de Francisco Castro, malia aparecer nunha colección xuvenil, non se restrinxe a unha franxa de idade concreta, ou a un tipo de lector, xa que mestura varias historias nas que calquera pode atopar algo que lle chame a atención. Pode ser a historia de amor, o suspense...
O relato parte dun feito sorprendente, como é que un pai morto lle mande un correo ao seu fillo. A historia básease na pescuda de solucións aos enigmas que se lle plantexan a Toni.
Castro domina perfectamente a estructura da clásica historia de intriga, e consegue manter en vilo, e a atención dos lectores ao longo das case trescentas páxinas da novela.
Mais esta historia, non so ten intriga, senón que tamén ten o que sempre fai falta nunha boa historia, e é o amor. Cóntanos a historia de amor entre Toni e Celia, e a que mantiña en segredo o seu pai con Gloria.
Os personaxes están fantásticamente deseñados: o pai xornalita progresista, a nai maligna e reaccionaria...
Resulta inesquecible a figura do pai de Toni, a quen o protagonista admira e quere por enriba de todo, e polo que está disposto a remover todo o mundo se é preciso. Era un xornalista que se guiaba polo que pensaba, e que non se deixaba amedrentar por ninguén.
Un día falando coa miña profesora de Galego, estabamos a falar dos libros do terceiro trimestre e conseguín que aceptase esta novela, e que así os meus compañeros puidesen disfrutar desta historia que tanto me gustou.
En defintiva, nesta novela, temos unha fascinante trama que consegue manter ao lector coa intriga ata o final, e que toca a fibra sensible en canto á relación pai e fillo.
Un dos meus libros favoritos do que levamos de ano.
<< As palabras fundan o mundo. Poden destruilo tamén.
As palabras e as formas en que son transmitidas. >>
No hay comentarios:
Publicar un comentario